Plan de Igualdade
III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DA FORMACIÓN PARA O TRABALLO
A Fundación, atendendo á normativa internacional, estatal e autonómica en materia de igualdade, reitera o seu firme compromiso co principio de igualdade de trato e oportunidades a través da elaboración e implantación do “III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DA FORMACIÓN PARA O TRABALLO”. Para iso, en data 10 de decembro de 2020, a Directora Xerente asina o novo compromiso co principio de Igualdade de trato e oportunidade entre mulleres e homes.
Os principais propósitos deste III Plan son os seguintes:
Establecer e desenvolver políticas que integran a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes como principio estratéxico e transversal en todos os ámbitos de actuación da Fundación.
Promocionar as medidas de conciliación como estratexia para alcanzar a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.
Garantir a igualdade de trato e oportunidades de mulleres e homes nas diferentes áreas funcionais, eliminando todo tipo de discriminación tanto directa como indirecta, por razón de sexo, especialmente derivadas da maternidade, paternidade, por responsabilidades familiares, estado civil ou condicións laborais.
Aplicar a perspectiva de xénero a todas as áreas, políticas e decisións da entidade (transversalidade de xénero).
Avanzar na corresponsabilidade de tarefas entre homes e mulleres.
Establecer medidas efectivas de prevención e protección fronte ao acoso sexual ou o acoso por razón de sexo.
O artigo 46 da L.O 3/2007 establece que os Plans de Igualdade deben incorporar sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos. Polo tanto, o Plan de Igualdade inclúe unha fase de avaliación e seguimento cuxa finalidade é determinar a pertinencia dos obxectivos; o seu grao de realización; a eficiencia e a eficacia; as repercusións e a viabilidade do Plan. Valórase tamén a adecuación de recursos, metodoloxías e procedementos postos en marcha durante o desenvolvemento do plan e invita á reflexión sobre a necesidade do desenvolvemento de novas accións. Ademais, permite identificar novas necesidades que requiran accións para fomentar e garantir a Igualdade de Oportunidades na empresa de acordo co compromiso adquirido.
Queres saber máis? Fai click na seguinte ligazón: