1. Inicio
  2. Recursos Emprego
Guía de Habilidades Brandas

Guía de Habilidades

Habilidades brandas: que son e por que son importantes

As competencias brandas (soft skills), son o resultado dunha combinación de habilidades sociais, de comunicación, de forma de ser, de achegamento aos demais, entre outras; que forxan a unha persoa capaz de relacionarse e comunicarse de maneira efectiva con outros.

Este compoñente é moi apreciado na actualidade polas empresas.

Por iso elaboramos esta guía pata ti, sostida nos piares básicos: motivación, creatividade, negociación, persuasión e a comunicación.

Videotitoriais

Currículum

Canto meirandes son os procesos de selección de persoal, máis importante é que saibas elaborar un bo currículum para chamar a atención do equipo de RR.HH. e pasar así á seguinte fase. Neste vídeo resumimos tódalas claves que non poden faltar no teu CV.

Carta de Presentación

Ás veces os reclutadores requiren adxuntar ao curículum unha carta de presentación. Para eles é moi importante por canto permite deducir o que podes achegar á empresa e como encaixarías nela. Se non sabes por onde comezar con ela, no vídeo superior guiámoste paso a paso.

Entrevista

Xa superaches as fases de selección previa. E agora que? Defender en persoa a túa candidatura pode resultar estresante. Pero podemos chegar relaxados e proxectando confianza se a preparamos con tempo e dedicación suficiente. Neste titorial dirémosche como.

Test: descubre a túa profesión ideal

¿Queres coñecer en só 10 preguntas a profesión que máis se adecúa a ti de entre as profesións con maiores perspectivas de emprego en Galicia?

Loading...