1. Inicio
  2. Calidade

Calidade

A Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo sabedora da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades dos clientes decidiu levar a cabo a implantación dun Sistema de Xestión da Calidade efectivo e eficiente, acadando así os beneficios de tódalas partes interesadas, co compromiso pola parte da Dirección da mellora continua e a adaptación aos novos cambios.

O obxectivo permanente será promover o concepto de mellora continua e soster e incrementar a satisfacción do cliente.
As directrices xerais que se establecen para a consecución destes obxectivos son as seguintes:

R

Acadar a plena satisfacción dos nosos clientes, proporcionándolles servizos acordes aos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas, incluindo as normas ou lexislación vixente.

R

Establecer unha sistemática documentada (ou normalización) para asegurar a calidade dos servizos.

R

Implantar a mellora continua como norma de conduta.

Este Sistema de Xestión da Calidade, está baseado nas esixencias da Norma UNE-EN-ISO 9001: 2015, e recolle os oito principios de xestión da calidade, que son os seguintes: a organización enfocada ao cliente, o liderado, a participación do persoal, o enfoque ao proceso, o enfoque do sistema cara á xestión, a mellora continua, o enfoque cara á toma de decisións e a relación mutuamente beneficiosa có provedor.

Como foi a súa experiencia neste sitio web? Axúdenos a mellorar cubrindo a nosa Enquisa de Satisfacción premendo aquí.

Loading...