Información de relevancia xurídica
Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas específicas de información de relevancia xurídica que recolle a normativa básica en materia de transparencia e as que, a maiores, incorpora tamén a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, entre estas últimas a relación da normativa vixente na súa versión consolidada.
Directrices, instrucións, acordos, circulares ou respostas a consultas formuladas por particulares ou outros órganos
Neste apartado recóllense as directrices, instrucións, acordos, circulares ou respostas a consultas formuladas por particulares ou outros órganos na medida en que supoñan unha interpretación do Dereito ou teñan efectos xurídicos.
Normativa en tramitación
O artigo 9 (Obrigas específicas de información de relevancia xurídica) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno sinala que debe facerse pública “c) A relación circunstanciada e motivada dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en tramitación, a partir do momento en que se produza a aprobación do anteproxecto, con indicación do seu obxecto e estado de tramitación, así como a posibilidade que teñen as persoas de remitir suxestións e a forma de o facer”.
Procedementos de información pública
Neste apartado dáse cumprimento á obriga prevista no artigo 7 e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno que contempla a publicación dos documentos que, conforme á lexislación sectorial vixente, deban ser sometidos a un período de información pública durante a súa tramitación.
Normativa vixente consolidada
Neste apartado dáse cumprimento á obrigación prevista na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno que contempla a publicación da relación da normativa vixente na súa versión consolidada, isto é, aquela que integra o texto orixinal dunha norma xunto coas sucesivas modificacións e correccións que poidan ter lugar.
Resolucións xudiciais firmes
Neste apartado dáse cumprimento á obriga prevista no artigo 9 b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno que contempla a publicación dos textos das resolucións xudiciais firmes que afecten á vixencia ou interpretación das normas ditadas pola Administración pública competente.
Plans anuais normativos
Neste apartado publícanse os plans normativos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia aprobados anualmente pola Xunta de Galicia que inclúen todas as iniciativas lexislativas e regulamentarias que se teñen previsto aprobar nos respectivos anos. Ademais publícanse, respecto de cada plan, os informes do grao de cumprimento dos mesmos.
Consulta pública previa
Co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, tramitarase unha consulta pública a través deste apartado co obxecto de solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
Participación cidadá no Parlamento de Galicia
Neste apartado recóllense as distintas vías de participación cidadá no Parlamento de Galicia, facilitando que os galegos e galegas se impliquen activamente na actividade parlamentaria.
Ditames do Consello Consultivo de Galicia
O Consello Consultivo de Galicia emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias previstas na Lei 3/2014, sexan sometidos á súa consulta pola Presidencia da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.
Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos
Neste apartado publícase a forma de levar a cabo a xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos.
Principais novidades normativas
Principais novidades normativas da Xunta de Galicia desde o acordo de inicio.