Asesoramento técnico
Dende FUNGATRA desenvólvese un servizo de Asesoramento que se encadra nas diferentes Iniciativas de Formación para o Emprego.
A máis significativa é a Formación de Oferta que comprende os Plans de Formación dirixidos prioritariamente a traballadores ocupados e as accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores desempregados co fin de ofrecerlles unha formación que lles capacite para o desempeño cualificado das profesións e o acceso ó emprego.
O asesoramento desenvolvido polo persoal técnico da FUNGATRA, céntrase principalmente en:
Información sobre as diferentes convocatorias.
Resolución de dúbidas en canto ós requisitos para poder acceder ás diferentes iniciativas.
Orientación nos procedementos, así como sobre a Aplicación informática de bonificacións.
Punto de información das convocatorias de acreditación das competencias adquiridas pola experiencia profesional ou polas vías de formación non formal.
Calquera outra relacionada coas Iniciativas de Formación para o Emprego.